Portada Noticias Campeonatos Imágenes    
     
SAMUEL GARCIA Campión Provincial Absoluto
Fecha: 11/02/2014 Tags: Billar Tres Bandas
 
Fue vista
 
Fue votada
3842 veces
 
2872 veces
    Vótala
 
Tags  
Billar Tres Bandas  
   
   
SAMUEL GARCIA, do Círculo Cultural Chapela, proclamouse CAMPIÓN PROVINCIAL ABSOLUTO da Provincia de Pontevedra.

No Campionato Provincial ABSOLUTO de Billar a Tres Bandas, organizado polo Billar Club Pontevedra e que finalizou o pasado sábado día 8 do presente mes de Febreiro, volveu ser SAMUEL GARCÍA quen conseguiu o primeiro posto da clasificación xeral do mesmo, ao vencer na Final ao xogador do Círculo Mercantil RICARDO GONZALEZ, por 40 a 17 en 34 entradas.

En semifinais Samuel enfrontouse a Jorge Montero do Mercantil, nunha partida moi disputada, aínda que o marcador reflectise ao ir ao descanso na entrada 11, que Samuel vencía por 20 a 5. Jorge na segunda parte, aproveitando un baixón que sufriu Samuel, foi aos poucos diminuíndo esa diferenza ata chegar ao tenteo final de 36 - 32 a favor de Samuel.

Na outra semifinal enfrontáronse PEDRO BOGAS do B.C. Pontevedra e RICARDO GONZALEZ do Mercantil, tamén moi disputada, xa que ata o final da partida aínda que Ricardo ía por diante, pero sempre cun marcador moi apertado con moi escasa vantaxe, como queda reflectido no 40 - 37 en 40 entradas, con que finalizou a partida a favor de Ricardo.

A NOSA MAIS CORDIAL FELICITACIÓN
   
También te pueden interesar
punto IVAN A. NUÑEZ GAÑA O CAMPIONATO DO SPORTING
Tags: Billar tres bandas
punto XOSE FRANCISCO LOZANO proclamouse CAMPIÓN
Tags: Billar a Tres Bandas
punto MANUEL SUAREZ MORLAN proclamouse CAMPION DO XCVII OPEN AUTONÓMICO
Tags: Billar a tres Bandas
punto CONVOCATORIA DE ELECCIÓNS
Tags: Convocatoria
  Mas noticias
 
     
 
Secciones
   Campeonatos y clasificaciones
   Documentación
   La Federación Española
   Contacto
   Links
   
 
eu son dgan
Non fronte á violencia de xénero
Federación Galega de Billar - Luis Casado 17 Ofic. 19 - 36209 - fegabi@fegabi.es