Portada Noticias Campeonatos Imágenes    
     
SAMUEL GARCIA GAÑA O CAMPIONATO GALEGO
Fecha: 10/03/2016 Tags: Billar a Tres Bandas
 
Fue vista
 
Fue votada
3116 veces
 
2586 veces
    Vótala
 
Tags  
Billar a Tres Bandas  
   
   

          Samuel García Ballesteros, do Club Billaristas Errantes, proclamouse Campión do Campionato Galego de Billar a Tres Bandas, celebrado no Círculo Cultural Recreativo de Chapela dp 25 de febreiro ao 5 de marzo. Campionato dedicado á memoria do que fose xogador do Círculo: XOSE ENRIQUE RODRIGUEZ ROMERO.


          Alzouse co título ao vencer na final ao número un do ránking XOSE MANUEL MANTEIGA, por un tanteo de 39 a 35 nas 50 entradas. nun partido oi disputado e que ata a última entrada non se soubo o gañador.


          Xosé Manuel Manteiga, do Sporting Club Casino da Coruña, accedeu á final logo de vencer en Semifinais ao xogador do Círculo de Artesáns: Manuel Suárez Morlán por 40 a  27 en 39 entradas.


          Pola súa banda Samuel García venceu na outra Semifinal ao xogador do Club Billar Ourense: Xosé Ramón Loeda Montoto por 40 a 35 en 46 entradas.


          Hai que destacar a gran cantidade de público, que abarrotou a sala, para presenciar a Final, e na cal tamén contamos coa presenza do Concelleiro de Deportes do Concello de Redondela, de D. Carlos López Font en representación da Deputación e do Presidente da Federación Galega de Billar.


          Unha vez finalizado o campionato, tivo lugar no Salón de Actos a entrega de premios, no transcurso da cal fíxoselles entrega aos Familiares de Xosé Enrique Rodríguez Romero, dun cadro que para tal fin pintouno o seu compañeiro e amigo Xesús Novo Roibas.

   
También te pueden interesar
punto XOSE ANTONIO NEGRO gaña o IV Trofeo
Tags: Billar a tres Bandas
punto XCV OPEN AUTONOMICO DE BILLAR A TRES BANDAS
Tags: Billar a tres Bandas
punto Novo perfil de Facebook da Federación Galega de Billar
Tags: facebook
punto CAMBIO DO DIA DAS VOTACIÓNS
Tags: Nova data da xornada electoral
  Mas noticias
 
     
 
Secciones
   Campeonatos y clasificaciones
   Documentación
   La Federación Española
   Contacto
   Links
   
 
eu son dgan
Non fronte á violencia de xénero
Federación Galega de Billar - Luis Casado 17 Ofic. 19 - 36209 - fegabi@fegabi.es